fbpx
Desperfectos no Castro do Muro de Bubal, en Medeiros, Monterrei / foto Sociedade Galega de Historia Natural

Contratan unha niveladora para arranxar o acceso a un castro e destrúe parte del

Tempo de lectura: < 1 min.

“O propio operario estaba advertido de que debía avisarnos antes de comezar o traballo para darlle as indicacións precisas. Nós, cando nos enteramos, xa estaba a desfeita feita”. Así falaba o vicepresidente Antonio Prieto da Comunidade de Montes de Medeiros, no concello de Monterrei, despois de coñecer o destrozo feito polo operario. E é que foron os propios comuneiros quenes o pasado día 14 lamentaron publicamente os danos causados no Muro do Bubal, no que pretendían ser os traballos para mellorar o camiño de acceso a un castro e a unha plantación de coníferas. 

Para isto contrataron unha motoniveladora que, ó non cinguirse ás directrices da Comunidade, levou por diante varias partes do xacemento arqueolóxico. Tal e como se recolle na nova de La Región de Ourense, dende a Comunidade de Montes ofrecen toda a súa colaboración para restaurar ós destrozos. A Garda Civil xa está a investigar os feitos trala denuncia da Sociedade Galega de Historia Natural ó tempo que Patrimonio avalía os danos.

Pode que che interese...