fbpx
Ribadeo dende o forte de San Damián / SartauskiCC0

Corsarios, piratas, sistemas defensivos do cantábrico ou a visita á illa Pancha nunha nova revisión da historia local de Ribadeo

Tempo de lectura: < 1 min.

“Corsarios e piratas nas costas ribadenses. S.V a XIX” e “Sistemas defensivos litorais no Cantábrico galego: fortes, fachos, trozos e corentenas”, son os dous máis que suxerentes títulos das charlas que os historiadores Xoán Ramón Pacios e Xosé María Leal Bóveda, respectivamente, darán darán os vindeiros días 20 e 21 de xullo na Casa do Mar de Ribadeo. Será no marco das XVI Xornadas de Historia Local de Ribadeo organizadas pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, e que levarán por título “A MORTE VÉN DO MAR. Corsarios, ingleses e pestes na Galiza cantábrica”.

É é que o mar é o gran sinal de identidade de Ribadeo, e, como é sabido, non foi sempre un aliado para as xentes da vila, que non so viron chegar múltiples perigos dende el, senón que ademais, como en outros moitos lugares da costa peninsular, tiveron que construir importantes defensas para protexerse. As charlas serán ás 20.30 da tarde do xoves e ás 19.30 da do venres. Porén o sábado 21, en horario de mañá, haberá un percorrido a pé dende o forte de San Damián ata o faro de illa Pancha. Ó seu carón haberá unha lectura de textos históricos a cargo de Elisa Pérez Vázquez, coordinadora do Museo Histórico de Sargadelos.

Faro de illa pancha / foto turismo.gal

Pode que che interese...