O Pórtico da Gloria colapsado na súa primeira xornada de visitas
Este venres 27 de xullo iniciouse o programa de visitas ó Pórtico da Gloria. E como non podía ser doutro xeito a expectación por visitar o nartex tardorrománico do Mestre Mateo foi enorme. Non é de estrañar se temos en conta que o Pórtico leva unha década completa cuberto por estadas e en obras de restauración, co que a expectación polo número de visitantes era agardado, mais o programa de visitas viuse saturado con filas de máis de dúas horas. E é que, como xa informamos, o Pórtico pódese visitar de xeito gratuíto en grupos de 25 persoas e cun máximo de 15 minutos.
Porén non hai programa de reservas, o pórtico pódese visitar por estrito orde de chegada. Isto fixo que a fila se comezara a formar pasadas as cinco da mañá, e que a espera roldase as dúas horas, chegando ata o pazo de Fonseca. Porén, é certo que esta xornada de venres que non amenceu con moi bo tempo, tal e como acontece nos días de clima pouco estable nos meses de verán, os turistas e visitantes aproveitaron para achegarse á catedral, producíndose colas en todas as súas entradas. Mais o Pórtico da Gloria, como non podía ser doutro xeito, foi o gran protagonista das agardas do día de hoxe, que con toda seguridade se repetirán nos días vindeiros.