Un Plan Especial para o "pequeno Obradoiro" de Conxo | Historia de Galicia
Conxo / foto Turismo de Galicia

Un Plan Especial para o “pequeno Obradoiro” de Conxo

Tempo de lectura: < 1 min.

Como xa contamos os pasados días, e tal e como anunciaba a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez o pasado xoves, a Xunta de Galicia construirá unha praza diante da igrexa e do psiquiátrico, nun espazo que a día de hoxe está en parte ocupado por un aparcadoiro. O lugar dividido por un muro, distribuído en diferentes espazos e a niveis distintos, será substituído por unha praza, calificada pola conselleira como “un pequeno obradoiro”.

O proxecto forma parte dun plan de intervención nos accesos do Camiño de Santiago, que afectará ós barrios de Conxo e de San Lázaro e que contará cun orzamento de 9 millóns de euros. Ademais tal e como anunciaba antonte o Concello, o barrio contará tamén cun Plan Especial de Protección e Rehabilitación do conxunto histórico, que conforman a igrexa, o hospital psiquiátrivo e o mosteiro. O obxectivo será ordenar e planificar o conxunto para que poda preservarse no tempo e lucir unha imaxe renovada como un dos polos de atracción da zona sur de Compostela. O plan incluirá tamén xardíns, hortas, edificación e zonas de acceso.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: