Ven o encaixe de Camariñas da inspiración dunha serea?
Esta é unha curiosa lenda que foi recollida por Francisco Ramos y Ballesteros no seu libro Oscurantismo Finisterrano, editado en 1970 por Porto y Cía. É unha lenda non moi coñecida pero que sen dúbida nos trae a máis fonda evocación destes panos únicos que nos lembran a escuma e ó ir e vir das olas do mar. Nela fálase do encaixe de Camariñas como creación propia da inspiración das sereas. E non é sen razón, xa que dun xeito ou doutro, como se conta, o encaixe chegou dende o mar, do comercio marítimo. Quen sabe se inspirado polo canto destes seres mitolóxicos.
A lenda conta que en tempos un pescador novo de Camariñas, un bo home, estaba perdidamente namorado dunha costureira, unha das máis fermosas mozas da de toda a contorna. Mais ambos eran tan pobres que a pesares do seu amor non podían pensar en casar. Eles traballaban o indecible, pero nin sequera con esas era quen de cambiar a súa sorte, pois a pesca apenas daba para malvivir e a costura moito menos. Así o aforro era case imposible. Ademais por varios invernos correrán temporais tan feros que case non se puidera sair ó mar. No último, o rapaz achábase xa desesperado, e nas tardes nas que o mar non deixaba ir a percorrelo ó rapaz gustáballe ir sentarse á costa a mirar as ondas.
Así, unha tarde, perdido nas súas ensoñacións e botándolle unha mirada de profunda rabia ó mar, atopou unha serea. Esta, quedou sorprendida de ver ó rapaz mirar fixamente á costa e quedou prendida da súa apostura. Aquel ser excepcional ofreceúselle unir á súa sorte á súa. Mais a forza e a fidelidade do amor do rapaz fixo que non caera no seu encantamento. Confesándolle o seu verdadeiro amor, a serea non tivo máis que deixalo ir, e dicirlle adeus para sempre. Mais antes de deixalo, conmovido pola súa historia regaloulle unha singular caracola. A caracola levaba a escuma do mar tallada no seu caparazón, as ondas e as estrelas. O rapaz entregoulla á súa namorada, e ela inspirouse na decoración daquela singular reliquia, para tecer o encaixe de Camariñas.

Unha palilleira de Camariñas facendo un encaixe