fbpx
Dolmen de Dombate / foto Íñigo M. Riobó

Visitas guiadas, nocturnas, teatralizadas e horarios ampliados para converter o dolmen de Dombate na estrela deste verán

Tempo de lectura: 1 min.

Despois do éxito dos meses de maio e xuño e do programa de visitas escolares, que superaron ós máis de 6.000 visitantes en tan so dous meses, o dolmen de Dombate tratará de chegar aínda máis lonxe nos meses de verán. E é que xa dende comezos de xullo a Deputación da Coruña estableceu unha nova xeira de visitas que inclúen diferentes modalidades. Dende as entradas libres tradicionais, visitas guiadas, visitas nocturnas e visitas teatralizadas configurarán o menú para degustar o dolmen este verán. Tamén haberá un pequeno concerto que contará coa participación de músicos de gran renome.

E é que se o que queremos é visitar o dolmen a partires do mes de xullo haberá horarios estendidos todos os días da semana ó longo de 12 horas. É que dende o 1 de xullo o dolmen abrirá as súas portas dende as 9.00 da mañá ás 21.00 horas, ampliando así máis de 41 horas semanais o horario que tiña establecido ata o de agora. Mais non será nin moito menos a única novidade, xa que as visitas guiadas estenderanse de luns a domingo de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00, ampliando en 25 horas semanais o horario dos meses de maio e xuño.

Mais as novidades estarán en dúas novas modalidades de visitas, que darán sen dúbida unha nova perspectiva do dolmen. E é que a partires do pasado día 7 é posible visitar o dolmen tanto en horario nocturno como de xeito recreado. As visitas nocturnas faranse entre as 23.00 horas e as 00.00, os días 13 e 27 de xullo e os días 3 e 17 de agosto. As visitas teatralizadas faranse porén ás 18.00 e 19.30 horas dos sábados 7, 14 e 21 de xullo e 4, 18 e 25 de agosto. .