A presión fai efecto: Prohibido aparcar no Castro de Benquerencia, en Barreiros
As autocarabanas e turismos terán, agora, máis dificultade para danar o Castro de San Pedro de Benquerencia, en Barreiros. Logo de días de polémica, tras as denuncias de Adega e Mariña Patrimonio, que criticaran o uso deste espazo patrimonial como un aparcadoiro, finalmente, o propietario da parcela acaba de colocar un cartel advertindo que é propiedade privada e que non se pode aparcar nela.
“Consideramos lamentable que os responsables da protección do patrimonio e os encargados de que se cumpra a protección patrimonial das normas municipais non asuman as súas obrigas e continúen ausentes”, denuncia nun comunicado Mariña Patrimonio.
De feito, esta entidade suliña que se manterá vixiante para ver se se cumpre a e
Sen o apoio e sen a implicación das Administracións,veremos se abonda co esforzo e coa vontade do propietario da parcela para solucionar este problema”, engade.