fbpx
Sola dun zapato atopada na Cidade da Selva, en Casaio / Equipo Sputnik

Así vivían os guerrilleiros na Cidade da Selva, o principal campamento antifranquista de Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

Balas de pistola, casquillos de fusil, ósos dos animais que comían, cremas de mans, botellas de licor e mesmo restos de solas de zapato son algúns dos moitos materiais atopados na Cidade da Selva, o principal campamento dos guerrilleiros antifranquistas en Galicia.

Chouzas onde vivían os guerrilleiros antifranquistas da Cidade da Selva / Equipo Sputnik

“Son materiais que nos permitirán entender mellor aspectos como o día a día da guerrilla, o papel da muller ou a relación coas comunidades locais da contorna”, apuntan os arqueólogos Carlos Tejerizo e Alejandro Rodríguez, directores do equipo Sputnik Labrego.

Os arqueólogos remataron o pasado luns a escavación de varias chouzas ocupadass pola guerrilla antifranquista situados nos montes de Casaio, na zona coñecida pola guerrilla como “A Cidade da Selva”. Desde o pasado 21 de xullo, o equipo realizou escavacións en dúas destas casas, actualmente en avanzado estado de ruína, na zona do val das Morteiras así como outro situado nun coñecido bosque de teixos. O obxectivo era profundar na historia da guerrilla antifranquista do noroeste peninsular dos anos 40 así como na vida cotiá das partidas guerrilleiras, aspecto menos abordado desde a historiografía.

O incendio provocado pola Garda Civil

Os resultados foron máis que sorprendentes. O feito de que durante un ataque da Garda Civil en xullo de 1946 queimásense os chozos de Morteiras permitiu a conservación arqueolóxica dun material que nos proporcionará moita información” afirman os directores.

Nos próximos meses, o equipo estudará con detalle estes materiais, cuxos resultados serán presentados en diversos congresos de ámbito nacional e internacional. “O noso propósito, no caso de que a administración dea o visto e prace, é utilizar estes materiais nunha aula arqueolóxica no que se expoñan os resultados das nosas investigacións”, sentencian Carlos e Alejandro. O equipo espera continuar coas escavacións en próximas campañas.

Pode que che interese...