fbpx
Brúxula e barómetro antigos / 123rf.com

Como os trebellos científicos cambiaron as vilas mariñeiras

Tempo de lectura: < 1 min.

Primeiro foi descubrir o comportamento do aire e a presión atmosférica ao longo da historia e, logo, a invención do barómetro de mercurio. Deste xeito, foise averiguando, pasiño a pasiño, o comportamento do tempo atmosférico.

“A finais do siglo XIX, a observación meteorolóxica con instrumentos comezou a extenderse por todo o mundo, e a suscitar o interese da poboación. En moitas cidades e vilas, particularmente en localidades mariñeiras, xurdiron iniciativas para instalar este tipo de instrumentos en parques, xardíns e fachadas de edificios públicos”, explica José Miguel Viñas, físico e divulgador científico, nunha entrevista no Xornal da Mariña.

O concello de Castropol, en Asturias, limítrofe con Galicia, garda unha desas reliquias, un barómetro adquirido polo Gremio de Mareantes na segunda metade do século XIX, recentemente restaurado e reposto no seu emplazamento orixinal.

“Nas pequenas vilas mariñeiras, eran as confrarías ou institucións vinculadas ao mar ás que adquirían os barómetros porque a información que proporcionan era de especial interese para os mariñeiros que podían anticipar cambios de tempo. Hoxe en día, os termómetros roubáronlles protagonismo aos barómetros. Agora que dispoñemos de información meteorolóxica por múltiples canais, o que nos interesa é da temperatura”, engade Viñas. Podes ler toda a reportaxe aquí.

Pode que che interese...