Danan unha escultura románica da Catedral de Santiago con pintadas dun grupo de rock
“Kiss“. Esa foi a inscrición que, xunto con outros trazos que imitan a uns bigotes, apareceron pintados nunha figura románica da fachada de Praterías da Catedral de Santiago.
É o primeiro gran acto vandálico que sofre este monumento dunha cidade que é patrimonio da humanidade. Unha pintada escrita en azul e uns bigotes pintados que fai alusión ao grupo de rock Kiss.
Unha agresión que se produce cando hai poucos días que se abriu ao público o Pórtico da Gloria, unha das grandes obras artísticas de Galicia, tras anos de restauración.