fbpx
A escultura da 'muller adúltera' | Fonte: Wikipedia

Esta é a historia da primeira muller adúltera representada en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

É unha muller de cabelo revolto que sostén coas súas mans, sobre as súas pernas, a caveira do seu amante. Un amante degolado por un marido que obriga a súa muller a soster o pecado, a bicalo dúas veces ao día. Era o castigo para ensinarlle ás mulleres o que pode e non pode facerse no matrimonio. E, así aparece representada na Porta de Praterías da Catedral de Santiago. A primeira representación en pedra dunha muller adúltera en Galicia.

Tal e como relata Alicia Casas nunha interesante reportaxe no Galicia Confidencial, o Libro V, Capítulo IX do Códex Calixtinus fai a primeira e única mención a esta muller adúltera que “non debe quedar no esquecemento”.

Pero o certo é que ao longo da historia moito se ten falado das diferentes interpretacións da escultura de mármore. Unha destas teorías establece que a muller de pelo revolto é Eva (“a nai da morte”) cumprindo o primeiro pecado, o pecado terreal. Que se opón á Virxe María, representada con cabelo negro e longo, símbolo de pureza. Tamén podería ser María Magdalena, que non goza de gran reputación.

A “muller adúltera” chámase Aldonza. Así o relata Asar Fernan Rodri, que conta como a historiadora compostelá Mercedes Gualteria Pintas así a bautizou. Co nome da muller “real” que tiña a Dulcinea do Quijote. E explica tamén, no seu relato, como “dende tempos da patrística, a muller foi sempre a que promoveu todos os males do mundo, a que tentaba ao home e o levaba polo camiño da perdición”. Algo que se reflicte nas distintas partes da catedral: a muler luxuriosa en forma de Serea ou como Vulva, “coas pernas abertas mostrando a boca do inferno, ou como a figura de Eva aleitando a Caín”. Podes ler toda a reportaxe no GC.

Pode que che interese...