fbpx
Quads anfibios, semellantes aos que se puideron ver na illa do Areoso / remitida

Novidades sobre o vehículo que “asaltou” o illote do Areoso: era un quad anfibio

Tempo de lectura: < 1 min.

A comezos desta semana, HdG daba conta dunha situación insólita no illote do Areoso, un dos grandes espazos patrimoniais da Illa de Arousa, e que conserva numerosos restos de túmulos funerarios. Tratábase do que parecía ser un quad circulando polos seus areais.

Tras a publicación da nova, un lector aportou unha nova imaxe na que se poden ver dous quads, vehículos motorizados de catro rodas, pero, coa particularidade de que son anfibios. É dicir, son vehículos que poden andar por terra e por auga.

De feito, na foto publicada nas redes sociais do HdG vese que un deses vehículos é vermello, como o que “asaltou” o Areoso hai uns días. Este medio non puido confirmar se se trata do mesmo quad e do mesmo conductor. Con todo, as fontes consultadas apuntan que non son moitos os quads matriculados que sexan anfibios na comarca polo que as autoridades poderían dar co seu propietario.

Pode que che interese...