fbpx
O sol a rentes da auga / foto PublicCoCC0

Queres coñecer como é o poder das augas nunha vila termal fundada por Roma?

Tempo de lectura: < 1 min.

Cuntis é o exemplo perfecto dun concello que naceu grazas aos seus mananciais termais. E foron os romanos os que mellor souberon aproveitar ese potencial. Precisamente, é neste concello onde o vindeiro venres terá lugar un roteiro que explicará o poder que as augas teñen en Cuntis.

Organizado polo Hotel Fonteverde (Cuntis) e guiado polo colaborador de Historia de Galicia, Heitor Picallo, terá lugar ás 20.00 horas o 1º roteiro enmarcado dentro das visitas guiadas denominadas Augas de Cultura. Esta vén a ser a quinta edición deste proxecto que se comezou a desenvolver no ano 2014 coa intención de dar a coñecer a riqueza histórica, arqueolóxica e patrimonial deste concello.

O roteiro do venres discorrerá polo interior da vila termal co obxecto de identificar distintos lugares vinculados ao feito Xacobeo, xa que por este territorio cruzaba unha vía principal de peregrinación a Compostela (procedente de terras portuguesas), así como unha alternativa menor da que pasa por Pontevedra e Caldas de Reis.

Por outra banda, visitarase a igrexa parroquial de Santa María dos Baños de Cuntis coa intención de conmemorar o 850 aniversario da doazón desta freguesía, xunto coas outras restantes, polo rei Fernando II. Será neste templo no que se profunde na historia medieval da vila e os seus arredores, a influencia dos señoríos catedralicios composteláns e as ordes militares vinculadas ao Camiño de Santiago. O lugar fixado será ao pé do Cruceiro de Roque, na Rúa Bernardo Sagasta.

Pode que che interese...