Tesouros de hai 5.000 anos expostos no museo de Lugo
O tesouro áureo de Lugo está xa por fin reunido e exposto no Museo Provincial de Lugo desa cidade. A nova sala de ourivaría antiga acolle 56 pezas, a maioría de ouro, situadas cronoloxicamente entre o terceiro milenio antes da nosa era e o século VI d.C. Logo da adquisición de varios lotes da colección Álvaro Gil, a renovación do espazo permitiu non só a redistribución estes bens segundo tipoloxía, cronoloxía e orixe, tamén a mellora da accesibilidade e a información.
Esta sala oitava do centro foi reformada para ofrecer un espazo dinámico, que favorece a percepción didáctica e contextualizadora da colección, parte da sección de Arqueoloxía. Nun dos fondos salientouse unha peza concreta pola súa singularidade, o torques de Burela, o máis grande atopado na Península Ibérica. O entorno conta con novas medidas de seguridade. Máis información en Lugo Xornal.