fbpx
Ciclistas percorrendo a Vía Romana XIX / Deputación de Lugo

A Vía Romana XIX, de percorrela cabalos e carromatos a ser disfrutada por ciclistas

Tempo de lectura: < 1 min.

Un grupo de ciclistas amateurs percorreron este sábado a Vía Romana XIX, unha ruta BTT organizada pola Asociación Bike Stop Lugo. Trátase dunha iniciativa coa que a Deputación de Lugo quere dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio histórico e natural. A cita deu comezo o sábado, con saída ás 9:00 horas dende O Comeal, no Concello de Cervantes, e finalizou cara ás 19:00 horas coa chegada á capital luguesa.

É ademais, unha ruta coa que se promove un itinerario bimilenario que durante a época romana comunicaba as cidades fundadas polo Emperador Augusto en Gallaecia: Bracara Augusta (Braga) e Lucus Augusti (Lugo), prolongándose ata Astúrica Augusta (Astorga). Está descrita no Itinerario de Antonino e pasa polas cidades de Bracara Augusta (Braga), Ponte de Lima, Tude (Tui), Turoqua (Pontevedra), Aquis Celenis (Caldas de Rei), Iria, Martiae, Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).

Pode que che interese...