fbpx
Monxes do Mosteiro de Oseira / Youtube

Descobre unha gran ruta dos mosteiros do Cister entre Portugal e Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Xa está practicamente definido o trazado da Ruta Cisterciense do Alto Minho portugués e Galicia, que se inicia en Arcos de Valdevez e une o Val do Lima co Val do Miño a través da arte e a arquitectura do Cister.

A ruta comeza en Portugal, no mosteiro de Santa María do Ermelo, en Arcos de Valdevez, pasa polo mosteiro de Santa María de Fiães, en Melgaço, e segue, xa en Galicia, polo mosteiro de Santa María de San Clodio, en Leiro, rematando na abadía de Santa María de Oseira, na provincia de Ourense. Precisamente, este é o maior mosteiro da orde en funcionamento de toda a Península Ibérica. Foi fundado por Roberto de Champagne e Bernardo de Claraval.

A Ruta Cisterciense do Alto Minho-Galiza pretende dar visibilidade ao patrimonio material e imaterial existente, recoñecer o valor dos conxuntos monásticos no desenvolvemento do turismo cultural e relixioso, lanzar un ollar humanista e místico sobre máis de 900 anos de historia e contribuír ao Itinerário Cultural Europeo dos Camiños de Cister.

Pode que che interese...