fbpx
Exposición no Obradorio / fonte culturma.org

Barcos e pianos transforman o Obradoiro nun escenario máxico

Tempo de lectura: 2 min.

Composteláns, visitantes e turistas foron sorprendidos ó longo das dúas pasadas semanas con dúas singulares estampas na praza do Obradoiro. E é que dúas singulares iniciativas converteron a praza nun lugar máis espectacular e evocativo se cabe que de costume, dende o pasado 30 de setembro. Barcos primeiro e pianos despois, foron os protagonistas de dúas iniciativas amparadas polo Concello, na que vinte e un piano despois encheron de cultura mariñeira e musical a histórica praza co obxectivo de divulgar ambos os dous mundos.

Pois, por unha banda, dende o pasado día 30 de setembro e ata o pasado día 6, unha exposición organizada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial converteu a praza compostelá nun curiosos mar en pedra. Foi co gallo do 25 aniversario da Federación, que organizou tamén outras actividades durante a semana. Unha vintena de embarcacións tradicionais procedentes de toda Galicia vararon na monumental praza, coa súa proa orientada cara a figura do Mestre Mateo do Pórtico da Gloria, como homenaxe dos carpinteiros de ribeira ó mestre de obras compostelán.

Pola outra este pasado sábado un gran piano de cola colouse tamén na paisaxe da monumental praza. Foi un dos sete grandes pianos ocuparon diferentes lugares do casco histórico nunha iniciativa da Fundación e Concurso Internacional de Música María Canals. Pois dende as 11 ata as 20 horas sete grandes pianos estiveron colocados por diferentes lugares da cidade vella de Santiago de Compostela, incluído o propio Obradoiro, para o uso de calquera persoa interesada en tocalos. O obxectivo era permitir que afeccionados, estudantes ou profesionais, puideran achegarse a cultura musical e tocar pianos de gran cola e tres cuartos que só adoitan estar dispoñibles en espazos de concerto. Estiveron no Obradoiro, en Cervantes, Quintana, Praterías, rúa Nova, Vilar e no palco da música da Alameda.

Piano de cola no Obradoiro / foto Galicia Confidencial

Pode que che interese...