fbpx
Recreación da festa da Saturnalia, ou Saturnais

As saturnais, as festas de alcol e sexo romanas que derivaron nas festas do Nadal

Tempo de lectura: 2 min.

As Saturnais (Saturnalia en latín) eran unhas importantes festividades romanas que comezaban cun sacrificio no Templo de Saturno, no Foro Romano, e un banquete público, seguido polo intercambio de agasallos. Logo comezaba unha festa nun ambiente de entroido no que se producía unha relaxación das normas sociais e nos que era habitual o alcol e o sexo. A Saturnalia posteriormente, coa adopción do Cristianismo como relixión do imperio derivou nas festas do Nadal, a través da cristanización das festas pagás.

E para lembrar este tipo de festividades romanas, aínda que adaptada aos novos tempos, esta fin de semana tivo lugar o “Io Saturnalia” no Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae” para conmemorar o seu 10º aniversario.

Durante este días, Vigo volveu a súa orixe romana lembrando desde a época republicana ata o período alto imperial. Mediante os obxectos e a comida os participantes puideron coñecer en que consistían a Saturnalia e gozaron, tamén, dunha actividade de arqueoloxía experimental. Puideron degustar unha receita romana típica dun festín e un agasallo da época.

Salinas romanas do Areal musealizadas / xunta.gal

O papel da muller e dos placeres en Roma

Para comezar os participantes internaronse 7 metros baixo terra, dentro dunha salina romana real e única na que recibiron unha explicación da sociedade romana, dende a súa xerarquización atá o papel da muller. Todo isto, a través das fontes escritas e os restos arqueolóxicos atópados en diversos lugares como é o caso da cidade de Vigo. Ademais dunha breve introdución aos usos do sal na época romana e a relevancia desta para conservación e transporte dos alimentos.

Tamén se realizou un “Circuíto” gastronómico pola antiga Roma. Nel coñecéronse os praceres da mesa, nos banquetes romanos. Finalmente, realizouse no LECTISTERNIUM o festín publico ou privado realizado nesta festividade, unha recreación baseada no Epigrammaton de Marco Valerio Marcial e tamén nos textos de As Saturnais, obra do escritor e gramático romano Macrobio.

Pode que che interese...