fbpx
Pena do Castelo, na Ribeira Sacra / Senderismo Galego

O 2019 comeza cun novo gran Ben de Interese Cultural

Tempo de lectura: 2 min.

O 2019 comeza cunha das novas máis agardadas feitas realidade. A Ribeira Sacra xa é no seu conxunto Ben de Interese Cultural. E é que o pasado día 31 do ano pasado saía finalmente publicada no DOG a declaración que o facía un feito. Foi na categoría Paisaxe Cultural, recentemente recollida na Lei 5/2016 de 4 de maio de Patrimonio Cultural de Galicia, e contará coa maior protección coa que conta o patrimonio galego perante a lei. A declaración é o paso previo para que a UNESCO poda a súa vez declarar a esta zona de Galicia como Patrimonio Mundial o que levou ó executivo galego a tramitar o seu expediente.

Así, coa declaración quedarán amparados os bens que conten cunha protección singularizada e os seus contornos de protección, cunha delimitación propia de BIC. Isto fará que se precise de autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para calquera intervención sobre eles.  Tamén será precisa a autorización de Patrimonio para os proxectos de obras de novas infraestruturas, instalacións e construcións que se localicen no ámbito delimitado, así como ampliacións e reestruturación das existentes.

Santa Cristina de Ribas de Sil / Íñigo M. Riobó

Precisamente por este motivo o presidente da Xunta anunciou en Pantón a posta en marcha dun plan para coordinar as administracións desta área, a xeito de Consorcio, como o que actualmente opera na cidade de Santiago. O obxectivo é que os investimentos e licitacións dos 22 concellos da zona, as dúas deputación, a Xunta e o Goberno do Estado, poidan actuar conxuntamente. Segundo Feijóo o órgano terá que servir para “sumar esforzos e multiplicar resultados”.

Porén, a declaración e delimitación nace xa cunha importante tara, xa que segundo os expertos e as principais asociacións de defensa do patrimonio a declaración deixa importantes lagoas. A delimitación feita deixará fora da protección de BIC gran número de elementos de primeira importancia, tal como gran cantidade de monumentos románicos que son, de feito, a esencia da zona. Pois, a pesares de que a Xunta presuma de ter atendido a meirande parte das alegacións, o certo e que quedarán fora máis de medio centenar de bens solicitados.

Ribeira Sacra / foto locuigCC0

Pode que che interese...