fbpx
Fresco do gótico tardío conservado no museo de Cunqueiro, en Mondoñedo / museo Cunqueiro

A casa-museo de Cunqueiro conserva pinturas góticas únicas en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

venres abre as portas en Mondoñedo a casa museo de Álvaro Cunqueiro, no número 13 do cantón fronte á Praza da Catedral, onde o autor residiu desde finais dos corenta ata comezos dos sesenta.

Un edificio que, ademais de amosar pezas e obxectos relacionados coa vida do gran escritor galego, conserva tesouros cos que non se agardaba. Así, durante a restauración“o edificio descubriuse como un alter ego do autor”. No seu interior alberga desde “cimentacións romanas” ata uns “frescos do gótico tardío, con motivos xeométricos e florais, únicos nunha construción civil en Galicia“. Toda a información no Xornal da Mariña.

Pode que che interese...