fbpx
Un druída / foto TheMartianCC0- meiga

A meiga Lola: “Só hai 4 meigas na antiga Gallaecia”

Tempo de lectura: < 1 min.

Lola Meno, exerceu laboralmente como meiga durante tres décadas en Vigo e considérase ” en Galicia.

Non te ergues un día sendo meiga, precisas aprender, ter unha mestra e pasar as probas iniciáticas. Forma parte dunha tradición hermética. Só hai 4 meigas na antiga Gallaecia. A meiga é unha coñecedora, unha sabia, e a bruxa unha mera repetidora de sabedoría recompilada, por exemplo en libros. A acción da meiga non é xeral, sabe como actuar e falar para cada persoa e momento preciso. Non vale sempre a mesma solución”, apunta nunha entrevista no Xornal de Vigo.

Cada meiga só pode preparar a outra ao longo da súa vida, e ensinar calquera das mancias. A que saque queda como representante da liña á que pertence. Se esta candidata escollida non estivera á altura, queda maldita toda a liña. Algunhas deciden non ensinar, pero non hai problema porque o resto se encargarán entón de buscar a sucesora da devandita liña”, asegura.

Sobre os homes meigos lembra que na lenda artúrica hai unha meiga, Morgana, e un druída, Merlín. “O home ten sabeduría, ten o coñecemento, pero non pode facer maxia, porque non dá a vida”, destaca. Podes ler toda a entrevista en XdV.

Pode que che interese...