fbpx
Castro de Chandebrito / turismo.gal

Chandebrito, o castro que xa comerciaba cos fenicios e que estivo habitado por continxentes suevos

Tempo de lectura: < 1 min.

O Castro de Chandebrito atópase en plena escavación, e os resultados van ser moito máis apaixonantes do que semella. Isto é porque o castro, preso das lapas na vaga de lumes de 2017, vai amosar non so unha forca cronolóxica bastantes máis ampla do agardado, senón tamén moi posiblemente aspectos de gran relevancia respecto á súa ocupación.

Un deles ten que ver coa súa propia antigüidade, xa que os investigadores apuntan a unha ocupación que se remontaría ata o século VIII a.C.. así como a súa importancia nas súas orixes, como un lugar de gran importancia no comercio con pobos mediterráneos como os púnicos. Mais tamén pola súa ocupación posterior á romanización, na que non so foi romanizado, senón que ademais estaría ocupado dun xeito intermitente ata polo menos a época sueva, tal e como demostran os achados atopados nel. Recolle a nova La Voz de Galicia.

Castro de Chandebrito | Foto 1.1 Fotografia

Castro de Chandebrito | Foto 1.1 Fotografia

Pode que che interese...