Un borde de cerámica descuberto no castro das Barreiras, en Vimianzo / foto equipo arqueolóxico

Estas son as interesantes sorpresas da nova campaña de escavacións do Castro das Barreiras

Tempo de lectura: 2 min.

O pasado 2 de febreiro anunciábase a nova campaña. Os arqueólogos volverían ó Castro das Barreiras, no val de Vimianzo, un dos castros máis singulares da Costa da Morte. Anunciábao o director das escavacións, Tito Concheiro, o alcalde da capital de Soneira, Manuel Antelo, e a concelleira Marta Rey. Na nova campaña abriríase unha nova área de 16×18 metros que tería como singularidade aproximarse a súa muralla, unha das máis significativas do mundo castrexo.

Visitas durante a escavación no castro / foto Abrir as Barreiras na campaña de 2018

Pouco máis de dúas semanas despois do anuncio, as escavacións xa se atopan avanzando a bo ritmo e, tal e como publicaba nas redes sociais do equipo de escavación, o pano de muralla que es está a escavar xa comeza a facerse visible. Tamén se está a intervir no entorno das dúas vivendas xa atopadas na escavación de 2018, que sorprendían ó equipo polo seu tamaño e que no seu momento non puideron ser sacadas por completo á luz.

Agora, unha vez máis, a escavación está a avanzar a bo ritmo, dando resultados que se irán coñecendo e novas pezas que se “irán mostrando”, como unha pedra aínda por definir tallada con glifos concéntricos ou un imporante anaco cerámico que conserva un borde profusamente decorado.

Tamén, e tal e como se fixo xa na campaña de 2018, o equipo quere divulgar o proxecto dende o primeiro momento, facendo unha gran actividade nas redes sociais. Durante esta campaña as escavacións estarán, tamén, abertas ao público coa posibilidade de organizar visitas guiadas ao xacemento.

Achado no castro das barreiras / foto equipo de escavación do castro

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: