fbpx
A canteira destruíu case completamente o castro da Trinidade ou castro de Flores, entre Mondoñedo e Lourenzá

A Xunta recoñece, agora, que o castro de Mondoñedo que permitiu arrasar por unha canteira está protexido

Tempo de lectura: < 1 min.

O castro a Trinidade, en Mondoñedo, estaba protexido. Unha protección que tiña cando unha canteira comezou a destruílo paseniñamente a pesar das numerosas denuncias que se fixeron ao respecto. Hoxe, del non queda case nada, tal e como xa contou este portal de noticias históricas en outubro. Agora, Patrimonio subliña que o Castro da Trinidade, ou Castro das Flores, é un ben patrimonial catalogado e que no 1997 establecera límites á canteira para protexer o xacemento.

Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e Mariña Patrimonio anunciaron este xoves que a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural enviou ao Concello de Mondoñedo un documento no que informa de que a pedreira da empresa Canteras Santa Cecilia “ocupa terreos do ámbito protexido do xacemento Castro da Trinidade”.

O documento expón que a canteira “altera substancialmente o terreo e subsolo” sen que a mencionada intervención “teña amparo dunha autorización desta Administración”. Na mesma misiva recoñécese que a canteira ocupa taménsuperficie do territorio histórico do Camiño de Santiago do Norte”.

Adega e Mariña Patrimonio subliñan que os informes, “realizados por arqueólogosda Dirección Xeral de Patrimonio de Santiago, contradín e mesmo deixan en evidencia os elaborados polo Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo“.