fbpx
Proxecto para o novo Conxo

Así será a “nova Praza do Obradoiro” que queren facer no barrio compostelano de Conxo

Tempo de lectura: < 1 min.

No pasado mes de xullo a Conselleira Ethel Vázquez, sorprendía cunha curiosa afirmación. Construiríase unha “pequena praza do Obradoiro” no barrio de Conxo, coa fachada do antigo convento como atractivo principal. Foi na presentación da actuación na entrada do Camiño Francés e do Camiño Portugués na cidade.

Daquela planeábase para o primeiro unha intervención entre o Monte do Gozo e o viaduto da AP-9. Para o barrio de Conxo, a Conselleira anunciaba unha nova e monumental praza. Trátase de arranxar a entrada dos Camiños de Santiago na cidade no horizonte do próximo Ano Santo e para ambos apartábase un investimento duns 9 millóns de euros a licitar neste 2019.

Así o núcleo histórico de Conxo haberá de mudar dun xeito importante. Pois construirase unha única praza diante da igrexa e do psiquiátrico, nun espazo que a día de hoxe está en parte ocupado por un aparcadoiro e dividido por un muro. Todos estes diferentes espazos e niveis serán substituído por unha única estrutura, ó tempo que se se construirá un novo aparcadoiros á beira do centro de saúde.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...