fbpx
Depositan dous cami贸ns de esterco na necr贸pole megal铆tica do Chao do Marco, na parroquia de Fontar贸n / Patrimonio dos Ancares (Becerre谩)

Depositan sobre unha das grandes m谩moas dos Ancares dous cami贸ns de esterco

Tempo de lectura: 2 min.

Cando os do Colectivo Patrimonio dos Ancares estabamos a realizar un informe sobre as 37 m谩moas situadas a ambos lados da estrada provincial LU-708, que comunica O Cereixal e Louxas, para entregarllo aos concellos de Baleira, Becerre谩, A Fonsagrada e Navia de Suarna (municipios onde se atopan) e solicitar unha entrevista para que se protexan e sinalicen, tanto para evitar a s煤a destruci贸n como para converter esta ruta nun atractivo tur铆stico, d茅monos de cara cunha nova agresi贸n.

Tr谩tase dunha m谩moa da necr贸pole megal铆tica do Chao do Marco, na parroquia de Fontar贸n (Becerre谩), a m谩is grande do concello, con case trinta metros de di谩metro, e a primeira das catalogadas no municipio nos anos noventa do pasado s茅culo XX, e tam茅n a m谩is co帽ecida. Catalogada co c贸digo GA27006013.

Sobre a m谩moa despositaron dous cami贸ns de esterco de granxa de polos (o olor caracter铆stico e as plumas as铆 o delatan). Os cami贸ns deixaron as rodeiras sobre o t煤mulo, e tam茅n se ven rodeiras de tractor para cargar o esterco e levalo para abonar outros terreos, o que lle ocasionaron ao enterramento uns sucos considerables. 脡 como se o fixeran a prop贸sito xa que hai terreo de abondo para descargar o esterco. Pero non, foron a depositalo xusto sobre a m谩moa.

A necr贸pole megal铆tica do Chao do Marco, na parroquia de Fontar贸n (Becerre谩), resultou afectada por un cami贸n e un tractor que depositaron nela esterco / Patrimonio dos Ancares

Denuncia

Debido 谩 gravidade agresi贸n, o luns imos presentar denuncia ante Direcci贸n Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e o Servizo de Protecci贸n da Natureza da Garda Civil (Seprona), ademais de dirixirnos ao Concello de Becerre谩 por se o feito poidera vulnerar algunha norma urban铆stica xa que nun espazo protexido est谩 totalmente prohibido o dep贸sito de materiais, solicit谩ndolle a este se nos informe si se solicitou permiso para tal acci贸n. Os Concellos que non conten con Plan Xeral de Ordencaci贸n Municipal (PXOM), como 茅 o caso do de Becerre谩, te帽en que consultar o Plan B谩sico Auton贸mico (PBA), obrigatorio para os Concellos que non dispo帽an do devandito plan.

A finais do pasado mes de febreiro denunciamos a destruci贸n e agresi贸n a nove m谩moas desta ruta por labores de tala e repoboaci贸n forestal. Neste caso tam茅n solicitamos a Patrimonio que se impo帽a sanci贸n por falta grave o que pode conlevar unha multa que oscila entre os 6.000 e 150.000 euros.

Escrito por

Divulgador e investigador do patrimonio. Impulsor do colectivo Patrimonio dos Ancares

Pode que che interese...