fbpx
Castro da Atalaia, en Cervo, afectado por unha construción ilegal a medio facer / Umberto P. Pool - Mariña Patrimonio

Iniaciados, por fin, os trámites para derrubar o edificio construído ilegalmente nun dos grandes castros da Mariña

Tempo de lectura: < 1 min.

Concello de Cervo iniciou o procedemento para declarar en ruína económica o edificio deshabitado do castro da Atalaia, que leva máis de trinta anos construído e contra o que houbo unha longa batalla xudicial e política, grazas sobre todo a Mariña Patrimonio, que acabou coa súa paralización.

O trámite, tal e como informe Xornal da Mariña, permitirá a demolición do inmoble, unha das actuacións recollidas no plan elaborado polo concello para preservar e poñer en valor o xacemento. O edificio está ubicado a carón dun esqueleto no que se planificara a construción de 42 vivendas.

O concello tramita xa a aprobación definitiva do Plan de Protección Especial do Castro da Atalaia. O documento establece o marco para preservar o xacemento,  inventariado por Patrimonio en 2007 que ten unha superficie protexida, 20.000 metros cadrados,  e sinala as actuacións a levar a cabo para a súa recuperación e rehabilitación.

O goberno local aspira a expropiar ou adquirir as parcelas nas que se ubica e a realizar unha intervención arqueolóxica para poñer en valor o conxunto cuxa primeira ocupación se data entre o século I antes de Cristo e o II d. C. Toda a información en Xornal da Mariña.

Pode que che interese...