Esqueleto de Atilano, o símbolo do Castro de San Lourenzo e dos habitantes de Cereixa, na Pobra do Brollón / Equipo arqueolóxico do Castro de San Lourenzo

Así é memoria da terra e a memoria da xente nun gran proxecto etnoarqueolóxico

Tempo de lectura: < 1 min.
O proxecto, Adegas da Memoria, iniciativa do Concello da Pobra do Brollón e da Asociación de Veciños de Vilachá, mestura unha nova serie documental do mesmo nome, que afonda na vida cotiá dos veciños da parroquia ribeirá de Vilachá e o estudo científico sobre este territorio e as súas orixes, que tamén se recolle nos audiovisuais.
Este novo proxecto etnoarqueolóxico conta coa participación do Incipit-CSIC e está coordinado polo dinamizador turístico do Concello da Pobra do Brollón, Xosé Gago. A iniciativa apoiase en catro piares, A Veciñanza, a verdadeira protagonista da proxecto; Os Conventos, xacemento arqueolóxico do Val do Frade; Os Socalcos, elemento definidor da paisaxe da Ribeira Sacra, e as icónicas Adegas de Vilachá.
Ten por obxectivo, segundo o propio Gago, “atopar a verdade detrás das cousas, saír das etiquetas turísticas da Ribeira Sacra como unha paisaxe inmóbil de postal e afondar na orixe e evolución da Ribeira Sacra como elemento vivo”. O proxecto conta coa súa propia web https://adegasdamemoria.com e redes sociais onde coñecer a actualidade da iniciativa e poder ver a serie, que cada xoves contará cun novo capítulo.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: