fbpx
Gjirokastra, Sitio do Patrimonio Mundial da UNESCO en Albania / wikipedia

Coñece o rico patrimonio de Albania, o país ignorado de Europa

Tempo de lectura: < 1 min.

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia celebrará este 11 de abril a “Xornada do Patrimonio Cultural Albanés“. Un acto no que pretende visibilizar o importante patrimonio do país máis pobre e máis ignorado da vella Europa.

Así, unha ampla delegación de profesores e persoal de institucións albanesas compartirán interesante información do patrimonio do seu país como situación, proxectos ou intervencións concretas.

As institucións albanesas participantes son a Universidade das Artes de Tirana, o Instituto Albanés de Arqueoloxía, a Dirección Rexional de Patrimonio Cultural de Vlorë, a Galería Nacional de Artes de Tirana e o Instituto de Monumentos do Ministerio de Cultura.

Nesta xornada profesionais de diversos ámbitos das dúas institucións compartirán a súa visión e experiencias vinculadas á protección do patrimonio cultural albanés. A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia recibiu o ano pasado financiamento para un proxecto Erasmus+ KA107 con Albania. Consulta o programa aquí.

Pode que che interese...