fbpx
Ribeira Sacra / foto locuigCC0

É solvente a candidatura da Ribeira Sacra para competir na Unesco?

Tempo de lectura: < 1 min.

Os membros do Consello de Patrimonio Histórico, que se reunirán ata o venres no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, abordarán a proposta da candidatura da Ribeira Sacra para entrar na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Unha candidatura que, con todo, está chea de polémica por non son poucas as entidades que critican o numeroso patrimonio que quedou fóra do ámbito de protección.

Con todo, a Xunta defenderá este xoves ante todos os membros do Consello de Patrimonio Histórico o seu proxecto. Este órgano entre a Administración do Estado e as comunidades autónomas ten como finalidade especial facilitar a comunicación e o intercambio de programas de actuación e información relativos ao Patrimonio Cultural Español.

Nel están representados todos os directores xerais con competencias na materia do ministerio cultural das distintas autonomías españolas, xunto cos representantes do Ministerio de Cultura e Deporte.

Pode que che interese...