fbpx
Fragmenos do Livro da Montería, un tratado de cetrería e caza único no mundo

Esta é a fascinante historia dun tratado medieval único no mundo roubado en Monforte

Tempo de lectura: 2 min.

O Ministerio de Cultura e Deporte e a Policía Nacional presentaron hai uns días en Madrid os fragmentos orixinais do ‘Livro da Montaria‘, un tratado do rei João I de Portugal sobre a caza. Estes fragmentos, xunto con outros documentos, foran roubados durante anos do depósito notarial de Monforte de Lemos en 1995 por un investigador. A familia, tras a morte do home, decidíu entregar o material voluntariamente en canto soubo o caso.

“O ‘Livro da Montaria’ é un manual de montería e cetraría escrito por iniciativa de João I, do que xa había referencia con Duarte I, que estuda as presas e técnicas de caza e converteuse nun extraordinario ben cultural. Considerabase que o manuscritos estaba desaparecido ou destruído tras a expulsión das Xesuítas no século XVIII, que custodiaban a peza no colexio da Compañía de Xesús en Monforte de Lemos desde 1600.

A primeira noticia sobre o documento é do 2000 coa publicación do catedrático galego Ramón Lorenzo Vázquez, quen copia unha folla do fragmento; posteriormente, en 2010, Juan-Carlos Conde, da Universidade de Oxford, escribe un artigo sobre esa copia nunha homenaxe en Nova York, onde debate a identidade do autor e denuncia que o manuscrito está en mans privadas.

Tras a recuperación do fragmento do tratado iniciaronse distintas investigacións e conseguironse recuperar outros fragmentos reutilizados como garda en distintos protocolos notariais do século XVIII do Concello de Monforte. Con todo, non se atopou o manuscrito completo. Haberá que esperar a que especialistas e historiadores portugueses terminen as investigacións sobre o libro redactado entre 1415 e 1433.

“É un dos manuscritos medievais máis importantes da cultura portuguesa e garda o interese dos reis ao redor da montería porque era unha forma de prepararse para a guerra”, sinalou en rolda de prensa o subdirector xeral dos Arquivos Estatais, Severiano Hernández Vicente.

As copias

Durante anos, o ‘Livro da Montaria’ só se coñecía por testemuños medievais, entre eles as referencias feitas polo fillo e sucesor de Joâo I, o rei Duarte I, e os inventarios da súa biblioteca, segundo destacaron os expertos.

Ata o achado deste manuscrito, considerábase que tan só existían tres copias, todas elas posteriores á época medieval. A máis antiga, datada en 1626 e realizada a partir do manuscrito de Monforte de Lemos, consérvase hoxe na Fundación Oriente de Lisboa. As duas posteriores elaboráronse en 1844 e en 1897 e áchanse na Biblioteca Nacional de Lisboa e na Biblioteca Xeral da Universidade de Coimbra, respectivamente.

Ademais do fragmento agora recuperado, no Arquivo Provincial de Lugo consérvanse dez pregos enteiros, dez medios pregos e catro fragmentos, maioritariamente do libro primeiro e do terceiro e, en menor cantidade, do libro segundo. Trátase dun texto a dúas columnas, con iniciais adornadas en cores vermello, azul e violeta, prolongándose os ornamentos cara á parte inferior da folla.

O libro entregarase ao Arquivo Provincial de Lugo este xoves nun acto que terá lugar no Parador de Santo Estevo, en Ourense, no marco da celebración do Consello de Patrimonio Histórico.