Investigan un novo atentado contra o patrimonio eclesiástico con pintadas provocadoras no aniversario da II República
A Garda Civil de Ourense investiga unhas pintadas con lemas republicanos e comunistas que apareceron este domingo nas catro fachadas da igrexa do municipio ourensán de Maside.
“Deixáronnos bastante decepcionados”, afirmou o alcalde de Maside, o socialista José Manuel Iglesias Araújo, porque, abundou, a igrexa “é un elemento importante dentro do pobo”. En canto aos danos, o rexedor municipal indicou que “son morais”, ademais dos causados pola pintura, porque supuxo “un atentado contra un ben de interese patrimonial”. Podes ler a información no xornal Galicia Confidencial.