Círculo lítico tipo henge atopado en Lavandeira, Xove / Mariña Patrimonio

Un gran poboado do Neolítico será restaurado na Mariña lucense

Tempo de lectura: < 1 min.

Xunta de Galicia investirá un total de 212.337 euros en restaurar o xacemento de Lavandeiras, ubicado en Xove, case no límite co municipio de Viveiro.  

Os estudos arqueolóxicos confirmaron que o xacemento, do que Mariña Patrimono solicitou a inclusión no catálogo de Patrimonio no 2015, é de planta circular tipo ‘henge’, unha estrutura prehistórica, do Neolítico, circular ou ovalada, similar á Roda de Barreiros.

A súa cronoloxía remóntase, cando menos, á Idade do Bronce tardía. Esta tese, precisa a Xunta, “queda confirmada por variedade de evidencias estruturais exhumadas que nos indican a creación dun espazo circular ben delimitado”. Máis información no Xornal da Mariña.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: