Unha poda masiva acabará co piñeiral do interior da gran fortaleza de Baiona
O Parador de Baiona (Pontevedra) cortará o piñeiral de máis de 50 anos que rodea a Península de Montreal para solucionar a praga de oruga procesionaria que afecta a esta zona.
Esta formación arbórea, segundo explica a cadea hoteleira Paradores, viuse “gravemente atacada” por esta especie que “devora as acículas do piñeiro, chegando a provocar a morte da árbore en ataques severos”. Unha parte destes piñeiros xa ardera na vaga de lume do 2017 tal e como contamos no HdG.
Con todo, Paradores solicitou a autorización para repoboar a zona con carballos autóctonos para buscar unha “maior adaptación” ao medio e evitar futuras novas pragas de procesionarias. Esta actuación aínda está pendente de autorización por parte de Patrimonio. Toda a información en Xornal de Vigo.