fbpx
Museo do Mar de Vigo / turismo.gal

Aquí tes unha guía para disfrutar o vindeiro 18 do Día Internacional dos Museos

Tempo de lectura: 3 min.

Galicia conmemora esta semana o Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio, e faino con diversas actividades como talleres para escolares, visitas guiadas especiais, espectáculos gratis e unha xornada de portas abertas o sábado.

Desta forma, serán numerosas as accións repartidas por toda a xeografía galega. De tal forma, os museos xestionados pola Consellería de Cultura ofrecerán durante toda esta semana un amplo programa de actividades gratis para todos os públicos.  No caso concreto da capital galega, oito museos da cidade presentaron a programación, que ten como obxectivo “achegarse a todos os públicos e dar visibilidade á calidade e riqueza do patrimonio da cidade”.

Esta proposta celébrase desde hai anos, coa colaboración do Museo do Pobo Galego, o Museo de Historia Natural, o Museo Casa da Troia, a Fundación Eugenio Granell, o Museo Pedagóxico de Galicia, o Centro de Arte Contemporánea, o Museo da Catedral e o Museo das Peregrinacións de Santiago.

A lema deste ano, proposto polo Consello Internacional de Museos (ICOM), é ‘Os museos como eixos culturais: O futuro da Tradición‘, que ten que ver coa “cohesión social” e coa capacidade dos museos para facer partícipes aos cidadáns nun “relato colectivo”.

A Praza de Abastos de Compostela tamén participará nesta liña de colaboración, por ser “un lugar de encontro, de tradición e de participación cidadá”. Así, as persoas que realicen compras no mercado terán descontos en cada institución durante toda a semana presentando o tícket de compra, establecendo unha “conexión” entre o comercio tradicional e os espazos culturais.

Unha das salas do Museo Terra de Melide / caminofrances.org

ANTONIO FRAGUAS

Moitas das actividades dos museos estarán centradas na figura de Antonio Fraguas, escritor ao que se lle dedica este ano o Día dás Letras Galegas.

O 18 de maio, todos os museos terán xornada de portas abertas, con entrada totalmente gratuíta. No caso do Museo das Peregrinacións de Santiago, ofrecerá un taller de marionetas para o público infantil ás 11,30, 13,30 e 19,00 horas a cargo de Monicreques Cachirulo.

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela, ten programadas diferentes sesións como un programa de cinema fantástico de principios do século XX o martes 14 e mércores 15. Tamén realizarán talleres para mozos sobre arte e arquitectura.

Outras actividades son o Programa de Educación Artística para a Integración de Persoas con Diversidade Funcional –o mércores entre as 17,00 e as 19,30 horas– ou o Programa de Visitas guiadas á arquitectura e historia do CGAC –venres, sábado e domingo a partir das 12 horas–.

OUTRAS ACTIVIDADES EN GALICIA

Pola súa banda, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense comezou tamén este luns cun taller didáctico dirixido ao alumnado da ESO e Primaria que levará a cabo todos os días lectivos entre as 11,00 e 12,00 horas. Ademais, ofrecerá programas de visitas guiadas ao edificio do museo.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia tamén adiantou a celebración. Este luns e martes ten lugar unha visita teatralizada do museo, así como talleres escolares, entre outros.

Escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego, obra de Domingo de Andrade / Consorcio de Santiago

Por outra banda, o Museo de Belas Artes da Coruña, comezará a súa actividade co taller ‘Museocine’, que se repetirá ás 12,30, 17,30 e 19,00 horas. Ademais, pola tarde realizarase unha visita guiada. A programación acabará ás 21,30 horas co concerto ‘Rock non museo’.

Mentres, na Fundación Camilo José Cela enmárcanse os actos na celebración de ‘Lestreseo’, xa que nunha mesma semana conmemórase o nacemento do nobel (11 de maio), o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día dos Museos (18 de maio). Desta maneira, o acceso será gratuíto durante toda a semana e o sábado haberá unha visita teatral a partir das 17,00 horas.

CIDADE DA CULTURA

A Cidade da Cultura, tamén na capital galega, propón un amplo programa de balde, con edicións especiais das visitas comentadas das exposicións que actualmente acolle o Museo Centro Gaiás, como ‘Pensar coas Mans. Cestaría, cerámica e xoiería de Galicia’ e ‘Valor e mestría. Galicia como fútbol’.

Ademais, os artesáns Susana González, Antón Román e Roberto Piñeiro, impartirán un taller-demostración de torneado cerámico nos que se conxuga “tradición e creación contemporánea”. Así mesmo, a programación complétase cunha sesión vermú musical con piano-bar do grupo Lle BarLuthier, ambientada nos anos 30 e 40 no Hall de Tirantes do Museo.