fbpx
Unha película de Neflix reconstrúe a vida de Marcela e Elisa

Esta é a historia (ficionada) de Marcela e Elisa, o primeiro matrimonio de mulleres en España

Tempo de lectura: < 1 min.

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga constituíron o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo de España do que hai constancia. Eran dúas mestras que tiveron que manter en segredo a súa relación pero, finalmente, decidiron casar. Fixérono o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.

Mantiveron a súa unión en segredo xa que unha exercía de muller e a outra tiña que vestir de home. Tras ser descubertas fuxiron a Arxentina. A súa unión matrimonial realizouse máis de cen anos antes de que a lei permitise o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, co que este feito pode considerarse un precedente do matrimonio homosexual en España.

Pode que che interese...