Así foise destruíndo o castro da Trinidade. Nesta imaxe cando aínda conservaba boa parte da croa

O castro que case desaparece pola actividade dunha mina tiña seis informes a favor por parte da Xunta

Tempo de lectura: < 1 min.

Mariña Patrimonio (MP) e a Asociación Ecoloxista de Galicia (Adega) afirmaron este xoves que o Castro da Trinidade, en Mondoñedo, contou con “alomenos seis informes que avalaban a súa existencia”, polo que instan ao Servizo de Patrimonio de Lugo a “explicar” por que “tentou descatalogar” o xacemento en 2016.

O dous colectivos denunciaron no pasado mes de outubro perante a Fiscalía que a actividade dunha pedreira reduciu o xacemento de dúas hectáreas a vinte metros. En marzo, a Consellería de Cultura recoñeceu os danos e informou ao Concello de Mondoñedo de que a empresa Canteras Santa Cecilia “ocupa terreos do ámbito protexido do xacemento” e carece “do amparo” da Xunta de Galicia. Máis información en Xornal da Mariña.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: