Recreación da fragata Santa María Magdalena construida nos asteleiros de Ferrol

Reportaxe: Así foi o desastre da Santa María Magdalena en 1810 con máis de 500 mortos na ría de Viveiro

A Santa María Magdalena foi unha fragata da Mariña de guerra española, que naufragou xunto co Bergantín Palomo en 1810 na Ría de Viveiro. Baixo o mando do capitán Blas de Salcedo, fora construída en 1773 nos Reais Estaleiros de Esteiro e contaba con 38 canóns. O bergantín Palomo, mandado polo tenente de fragata Diego de Quevedo, foi construído en 1793 no mesmo arsenal e tiña 18 canóns.

Os dous buques formaban parte da frota hispano-inglesa que, ao mando do capitán Joaquín Zarauz, tiña como misión defender a costa cantábrica contra os ataques dos franceses. O 2 de novembro unha impresionante galerna sorprendeu á frota na ría de Viveiro. Os dous buques non conseguiron superala e afundironse. Morreron máis de 500 homes, entre eles, o capitán Blas de Salcedo, e o seu fillo, un gardamestre de 14 anos. Os dous apareceron abrazados na praia de Covas á mañá seguinte.

Esta é a historia:

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: