fbpx
Documentación do Catastro da Ensenada

Así era Galicia en 1753… Xa podes consultar a cartografía dixital do Catastro da Ensenada

Tempo de lectura: < 1 min.

Cartografía Digital de Galicia en 1753. Jurisdicciones, provincias y Reino” (Andavira Editora, 2019) é a primeira obra que permite ó lector consultar a cartografía administrativa do Reino de Galicia de mediados do século XVIII.

O autor, Rubén Castro Redondo, a través dos datos que sobre parroquias, xurisdiccións e provincias ofrecen as poboacións do Reino de Galicia, pón a disposición de calquera lector, especialista ou non, a organización administrativa de Galicia en 1753.

Por primeira vez, a demáis do formato en papel, unha obra destas características leva asociado unha páxina web onde se poden visualizar e descargar os materiais cartográficos, non só os mapas en pdf, senón tamén as capas de información para plataformas GIS (https://galiciadigital1753.wixsite.com/proyecto)

O autor, Rubén Castro Redondo (Begonte, 1987), é doutor en Historia Moderna pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente investigador posdoutoral da Xunta de Galicia na Université Paris 1 Panthéon – Sorbonne.

Pode que che interese...