Feira Guímara en Pobra do Brollón / XdL

A revolta Guímara: Cando os labregos loitaron contra os todopoderosos Condes de Lemos

Tempo de lectura: < 1 min.

Disque os Condes de Lemos sempre quixeron facerse coas terras da Pobra do Brollón e nos séculos XV e XVI as tensións e os litixios entre as dúas partes foron constantes. Como elemento de presión os señores de Lemos esixían á poboación da Pobra tributos ilexítimos e obrigaban aos veciños e veciñas a realizar traballos agrícolas sen recibir salario.

Os pobrenses defendéronse polas boas, polo legal, e gañaban os recursos cousa que aínda provocaba máis tensión polas ganas que lle tiñan ás terras os Condes de Lemos. As ofensas e os abusos continuaban e a cousa rematou en revolta popular, unha contenda na que os veciños e veciñas do lugar opuxeron resistencia, sen medo e con gran valentía, aos poderosos Condes.

Dada esa rebeldía e valentía amosada polo pobo, os de Lemos denominarían aos da Pobra como “guímaros”, sinónimo de rudos, testáns e rebeldes. E en Xornal de Lemos contan esa historia e coo xurdiu a Feira Guímara.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: