Imaxe en 3D de como podería ser a Torre de Hércules no século I

Saen á luz novos segredos da orixe da Torre de Hércules… E algúns impresionan

En ‘O faro romano de Brigantium Flavium, Torre de Hércules da Coruña, novas achegas ao coñecemento da súa xénese e evolución histórica ata as reformas de Giannini (Século XVIII)’,o autor, o profesor Antonio Rodríguez Colmenero, avanza novas teorías e novas claves para entender a historia do monumento.

Entre os aspectos inéditos que expón Rodríguez Colmenero está a época de construción do faro, que a maioría de historiadores sitúase no século I d.C. ou xa no reinado de Trajano, a principios do século II. O autor considera incorrectos ambos os supostos e segundo os seus achados sostén que a Torre se remontaría ao reinado de Augusto, en torno ao ano 4 a.C.

Noutros capítulos da obra figuran teses rechamantes e impresionantes, como a función do faro, que non se esgotaba co sinal para a entrada en porto das naves, senón que se estendía tamén terra dentro. O obxectivo sería comunicar mensaxes e perigos costeiros co destacamento romano de Sobrado dos Monxes, conforme a un código anteriormente estipulado. Tamén destaca a función defensiva e militar que tivo esta construción nas súas orixes. Máis en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: