Coñece o maior e máis antigo círculo lítico do Estado
Unha charla divulgativa ‘in situ‘ organizada polo Concello de Xove serviu para explicar, a aqueles que se achegaron este xoves, a importancia arqueolóxica do ‘henge‘ de Lavandeiras.
Trátase dun do máis antigo e máis grande dos dous únicos círculos líticos estudados por agora en España. O outro é A Roda, ubicado en Santiago de Reinante, no municipio de Barreiros. Deste xeito, A Mariña Lucense perfílase como unha referencia estatal e mesmo europea para a investigación destas estruturas, non atopados fóra das Illas Británicas.
Así o confirma Santi Nogueira, de Ambiotec, o arqueólogo que dirixiu a sondaxe realizada no ano 2017 no xacemento e que este xoves, unha vez removidos os 13.000 metros cúbicos de terra que o ocultaban, explicou, co ‘henge’ ao descuberto, os segredos dunha estrutura circular de pedra que se construíu hai arredor de 4.000 anos. Podes ler toda a información no Xornal da Mariña.