fbpx
Canóns do século XVI atopados en Camariñas / Remitida

O misteiro dos canóns do século XVI atopados en Camariñas

Tempo de lectura: < 1 min.

Mergulladores da Armada Española, coa colaboración do Servizo Arqueolóxico da Xunta, recuperaron este luns dous canóns de bronce, do século XVI, que permanecían en augas próximas a Camariñas (A Coruña), na zona norte da Costa da Morte. Con todo, non se sabe a que buque poden pertencer.

Nas súas inmersións, os mergulladores identificaron catro pezas de artillaría de bronce, denominadas Culebrinas, das cales xa foron sacadas á superficie as dúas de maior tamaño. No dispositivo participou tamén o arqueólogo submarino Miguel San Claudio Santa Cruz, experto en patrimonio mergullado en augas do litoral galego, así como un técnico en Restauración.

Polo momento non se ten constancia exacta da natureza e pertenza dos restos pola ausencia de datos e o paso do tempo no material mergullado. Con todo, unha vez catalogados e estudados, poderase abundar sobre a época exacta á que pertencen e a súa orixe.

O achado tivo lugar hai uns anos grazas á colaboración dun mergullador deportivo da zona, José Antonio Estévez Mouzo, membro da Real Liga Naval Española que, tras realizar unha gravación dos mesmos, púxoo en coñecemento das autoridades. Toda a información no Galicia Confidencial.