fbpx
O escritos cerdedense Xosé Varela Buela

Xosé Varela Buela, escritores galegos perdidos na Arxentina

Tempo de lectura: 4 min.

Souben do escritor Xosé Varela Buela cando, nos caladoiros da prensa histórica, botei as redes procurando completar a biografía de seu irmán Francisco Varela Buela, don Paco, o carismático mestre republicano de Cerdedo. Francisco e Xosé eran fillos de Manuel Varela Paz, médico de Cerdedo (xa en 1897) e candidato anticaciquil á alcaldía en 1922 (Progreso, 23-12-1922). O golpe de estado de Primo de Rivera frustraría as aspiracións políticas do pai, porén, durante a ditadura, o seu fillo Francisco (nado en 1890) faríase cargo do municipio durante o bienio 1924-26, responsabilidade que declinou por razóns de saúde (ou fastío). Vicepresidente da agrupación socialista local (1935) e afervoado republicano, Francisco Varela Buela compartía en 1936 a secretaría do concello con Francisco Varela Garrido. Cando a sublevación franquista, ambos os dous coordinaron en Cerdedo a defensa da democracia. Por salvagardar a legalidade, foron xulgados en consello de guerra. Pancho Varela foi fusilado e don Paco, apartado da docencia e condenado a cadea perpetua. Non esquecemos.

Xosé Varela Buela, irmán de Francisco, naceu en Cerdedo arredor do ano 1890. Nos anos vinte cruzou o océano rumbo a Arxentina e, na capital, fixou a súa residencia. O nome de Xosé Varela Buela aparece citado na páxina 11 de El Pueblo Gallego do 6 de febreiro de 1929, na necrolóxica de seu pai, redactada ben seguro por Francisco Varela Garrido Pancho, correspondente do xornal en Cerdedo e correlixionario de seu irmán. Velaquí: 

A la edad de 82 años dejó de existir don Manuel Varela Paz, médico cirujano y padre de nuestro buen amigo y compañero el culto maestro nacional de Cerdedo, don Francisco Varela Buela, el cual contaba tantas simpatías en esta comarca por sus buenos servicios prestados dentro de la profesión que numerosos vecinos y amigos se disputaban la conducción de su cadáver al cementerio; llevaron los cordones sus compañeros don José María Campos y don Perfecto Lois y los farmacéuticos don Constantino Gamallo y don Manuel Gutiérrez.

Tanto al sepelio como a los funerales asistió numeroso gentío de todas las clases sociales, prueba del afecto que se tenía al finado.

A su respetable familia y en particular a sus dos hijos don Francisco y don José Varela Buela, este último con residencia en Buenos Aires, enviamos el más sentido pésame por tan irreparable pérdida.

El maestro de Quiroza

No número 1.684 do prestixioso semanario bonaerense Caras y Caretas, publicado o 10 de xaneiro de 1931, o crítico literario Raúl P. Osorio, ao coidado da sección “Los Libros” (páx. 130), dedícalle unha reseña a El maestro de Quiroza, novela escrita en castelán que Xosé Varela Buela viña de publicar. O libro debeu saír do prelo a finais de 1930. Raúl P. Osorio era o pseudónimo de Eduardo del Saz, xefe de redacción de Caras y Caretas, revista que entre 1898 e 1939 viviu, na Arxentina, a súa segunda época. O noso Xosé Varela Buela comparte plana coa poeta arxentina Haydée M. Ghio e mais co prosista hondureño Arturo Mejía Nieto. 

Sendo como é un documento excepcional, reproducímolo integramente:

El autor plantea un problema que solamente la fe resuelve. Castro Feijó, uno de los principales personajes, abandona la carrera sacerdotal para contraer matrimonio con la novia que tuvo antes de ser seminarista. El otro, Fermín Bouzas, es fiel a su vocación pedagógica. Varela Buela hace reflexiones a propósito de cosas divinas y humanas y describe costumbres gallegas. En esto último demuestra un conocimiento exacto. Por lo que respecta al problema fundamental del libro, puede decirse que el novelista no lo ha resuelto. Se trata de luchas espirituales donde la paz, la filantropía y otros regalos y virtudes están distribuídos. Al cabo de los años, al pasar de los ejemplos, el hombre de corazón tiene que ver el pro y el contra. Y el pro y el contra se disputan nuestras acciones. La moraleja de la novela la dice el viejo maestro: “Preferible ha sido que su hijo haya hecho esto ahora; tal vez se ha evitado un escándalo mayor. Es un joven franco, no se siente con vocación sacerdotal e hizo bien en lo que hizo. Hay que perdonarlo, es su hijo y es bueno”. Varela Buela escribe en prosa sencilla, relatando quizás algún caso visto en su terruño durante sus mocedades. En “El maestro de Quiroza” se hacen muchas y muy buenas referencias de la Argentina.

Non tivemos a oportunidade de ler El maestro de Quiroza de Xosé Varela Buela, mais intuímos unha novela costumista aínda influenciada polo realismo. Admitimos que o “coñecemento exacto dos costumes galegos” e os “relatos de casos vistos durante a súa mocidade”, advertidos polo recensor, nos enchen de curiosidade. Se os nosos lectores (mormente, porteños) teñen noticia do paradoiro dalgún exemplar da novela, fágannolo saber, xa que, con certeza, o Cerdedo de comezos do século XX se reflectirá límpido nas súas páxinas. Dende logo, “Quiroza” lémbranos a “Quireza” (parroquia de Cerdedo) e Fermín Bouzas (un dos protagonistas) evoca o célebre escritor Fermín Bouza-Brey, nomeado xuíz da Estrada en 1929. Dende 1893 e até a súa xubilación (acecida en 1926), o mestre que ocupou a cátedra de Quireza foi Fernando Rey Vidal. Antecedeuno no maxisterio Antonio Lois Fernández e sucedeuno (dende marzo de 1927) o lembrado Constantino Simal Simal (natural de Castro), vítima da represión franquista.

Editorial El Ateneo

Sete anos despois de El maestro de Quiroza, o número 2.052 da revista Caras y Caretas do 29 de xaneiro de 1938 (páx. 120) anuncia Vida al aire libre (El camping), outra publicación de Varela Buela editada pola Librería El Ateneo de Buenos Aires. O libro debeuse pór á venda a finais de 1937. Na portada lese: “Indicaciones para su práctica y una breve reseña de sus orígenes y desenvolvimiento en nuestro país” (o país aludido é a Arxentina). Fundada en 1912, unha das sucursais bonaerenses da libraría El Ateneo ocupa o edificio do antigo hotel Grand Splendid (barrio de Recoleta). A revista National Geographic cualificouna en 2019 como a libraría comercial máis fermosa do mundo. Durante a Guerra Civil e a ditadura, a editorial El Ateneo publicou títulos prohibidos polo franquismo.

En abril de 1937, o mestre don Paco de Cerdedo, irmán de Xosé Varela Buela, foi xulgado en consello de guerra, imputándoselle o delito de “rebelión militar”. Os fascistas condenárono “a la pena de reclusión perpetua, con los accesorios de interdicción civil e inhabilitación absoluta perpetua”. Até finais de xuño dese mesmo ano non se ratificou a sentenza, pois, entre os membros do inicuo tribunal había quen defendía que debía ser pasado polas armas.

O ano 1937 supón un fito memorábel para a familia Varela Buela. Mentres naquel Buenos Aires tomado pola intelectualidade galega, Xosé publicaba o seu manual da vida regalada, no Cerdedo tomado polos analfabetos, Francisco experimentaba en carne propia o lema “Viva la muerte, muera la inteligencia”.

Escrito por

Profesor, investigador e etnólogo

Pode que che interese...