fbpx
Fonte das Burgas en Caldas / foto Concello de Caldas

Caldas convirte en monumentos as súas fontes históricas

Tempo de lectura: 1 min.

Caldas é unha das vilas termais por excelencia de Galicia, e como tal as súas fontes son un dos seus recursos patrimoniais de maior importancia. E por isto que esta fin de semana o Concello presentaba o programa municipal Fontes no Camiño, polo que se están a restaurar as principais fontes históricas da vila. Facíao no VI Foro de Rehabilitación de Rianxo que se desenvolveu ó longo da pasada fin de semana.

E é que dende o ano 2017, coa axuda económica da Deputación da Coruña e empregando técnicas tradicionais, o Concello ven de restaurar algunhas das fontes históricas de maior relevancia da vila, a maioría dos séculos XIX e XX. Foron a Fonte da Burga (1881), a fonte da praza de Abastos (1929) e a fonte do Campo de Torre (1861), o pé da ponte Bermaña. Nas vindeiras semanas comezaranse tamén as obras na fonte da praza das Palmeiras (1920), continuándose no futuro noutros surtidoiros históricos da vila.

Atópanse todas elas no seu casco histórico e, ademais, xunto ó Camiño de Santiago, -de aí o seu nome-. A presentación do programa levouna a cabo o arquitecto Luis Gil Pita e os restauradores Santiago Martínez e Guillermo Rodríguez. Na intervención expuxeron dende o punto de vista técnico o desenrolo das obras, dunha enorme complexidade, xa que se levaron adiante co máis estrito rigor técnico, con fórmulas tradicionais e reparacións en cantería e forxa.

Ponte de Caldas / foto HdG

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...