Mondoñedo rehabilita un dos seus grandes edificios históricos para un novo museo
Dende o pasado luns o casco histórico de Mondoñedo está un pouco máis vivo. E é que a Consellería de Cultura e Turismo ven de inaugurar a chamada Casa dos Cóengos, un edificio do século XIX, na mesma Praza do Seminario. Nel se sitúa xa o novo Museo da Imprenta, un museo que dun xeito didáctico se achega a sobranceira historia da imprenta na vila.
Foi por unha cesión a 25 anos, e no que a Consellería de Cultura investiu 279.000 euros nos traballos de rehabilitación, e preto doutros 48.000 para a súa conversión en museo. A exposición mostra pezas de gran valor, algunhas delas aínda funcionais e con máis de 150 anos de antigüidade. As obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, dentro del programa Feder Galicia.

Casa dos Cóengos de Mondoñedo antes da rehabilitación
E é que Mondoñedo foi unha das primeiras poboacións galegas en coñecer a imprenta. Xa no ano 1550, tan so cen anos despois da invención de Gutenberg, xa se facían impresións na capital mindoniense. Máis tarde, no século XIX, a vila contaría con varias das imprentas máis importantes de Galicia entre elas a da familia Mancebo, que fixo a doazón das pezas máis importantes do museo.

A vila de Mondoñedo / foto dkatanaCC0