fbpx
Olas / foto Free-PhotosCC0

Na procura dunha fragata do século XVIII que deu a volta ao mundo está afundida no fondo do porto de Laxe?

Tempo de lectura: < 1 min.

Tres canóns e un áncora. Estes son, segundo os buzos da vila, os restos que se poden ver no fondo da ría de Laxe. Pertencen á fragata Nuestra Señora de Los Placeres, unha embarcación da Real Compañía de Filipinas, creada en 1785 por Carlos III, e que chegaría a dar a volta ó mundo en 1788. Naufragaría cinco anos máis tarde, en 1793, no porto de Laxe, despois de pasar por destinos coma o porto de Callao en Perú.

Os restos estarían somerxidos na parte exterior do porto, máis alá do dique de abrigo, e, aínda que deles xa se tivera novas en 1999, nunca se fixo unha campaña para estudalos ou sacalos á superficie. Agora, dúas décadas despois, un submarinista da vila, achou de novo o tesouro, dando contas á Unidad de Buceo da Armada de Ferrol (Ubufer). Nos próximos días agardan atopar os restos do barco. O xornal La Voz de Galicia daba conta do achado.

Vila de Laxe / foto turismodelaxe.gal

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...