fbpx
Vista aérea do campamento romano de Penedo dos Lobos, en Manzaneda / Romanarmy.eu

Alertan de que maquinaria de extinción de lumes poden poñer en risco o campamento romano de Manzaneda

Tempo de lectura: < 1 min.

Amable Fernández Basalo, alcalde de Manzaneda, quere volver a actuar no xacemento arqueolóxico romano de Penedo dos Lobos. Trátase dun campamento romano da época imperial, que podería ter utilizada na campaña de conquista da Gallaecia, e que o rexedor teme que poida ser danado pola maquinaria pesada de extinción de lumes.

Tras realizar unha primeira campaña en agosto de 2018, os traballos non se retomaron en 2019 por falla de financiación  Para iso precisa 10.000 euros que agarda que sexan aportados pola Xunta par iniciar a segunda campaña na primavera do vindeiro ano.

O rexedor indicou, tal e como recolle o xornal La Región, que xa existe un informe do director das escavacións realizadas polo colectivo romanarmy.eu e dirixidas por João Fonte, investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Neste documento, comunicou que as pezas recuperadas foron entregadas ao Museo Arqueolóxico de Ourense.

A intervención no campamento romano de Penedo dos Lobos sacou á luz a presenza militar romana máis antiga, documentada até o momento, e podería datar das guerras cántabro-astures. Entre os achados, sobresaen restos de sandalias romanas e moedas datadas entre o 25 e o 22 a. de C., acuñadas por Publio Carisio. Máis en La Región.

Pode que che interese...