Ilustración dunha lexión romana / Enric Marini

Sabes cantos guerreiros galaicos loitaron dentro das lexións romanas?

Tempo de lectura: < 1 min.

O 40% de todos os guerreiros recrutados na Hispania romana eran galaicos, o que demostraría a importancia e a belicosidade deste pobo durante a conquista de Roma. Así o recolle un informe realizado polo investigador da USC José Costa, membro do equipo de Roman Army,  en base a referencias en fontes epigráficas de todo o Imperio Romano.

Segundo este estudo, en total o número de guerreiros galaicos nas filas do Exército romano sería de 15.000 guerreiros.  Moitos destes antigos guerreiros castrexos acabaron loitando no limes romano contra outros pobos non menos belicososo, como os xermanos.

Esta investigación, en forma da primeira gran cartografía de todos os guerreiros galaicos recrutados nas lexións romanas e batallando por todo o imperio, forma parte da exposición “Galicia, un relato no mundo”, comisariada por Manuel Gago.

Mapa dos guerreiros galaicos que loitaron dentro das lexións romanas / Exposición Galicia, un relato no mundo

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: