fbpx
paisaxe dun piñeiral / jplenioCC0

A edición de dúas guías, principais medidas do Goberno galego para defender a paisaxe

Tempo de lectura: < 1 min.

paisaxe do territorio galego estará regulada por unha nova lei de protección que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que entrará en vigor no primeiro trimestre de 2020.

A idea da Xunta é fomentar o turismo sustentable no interior do territorio galego.  Dúas das actuacións que levarán a cabo teñen que ver coa publicación dun par de guías que explicitan como se pode actuar no territorio á vez que se ten en conta a conservación e preservación da paisaxe. Unha delas está preparada para guiar a intervención en espazos públicos e a outra para as actividades extractivas en todo o territorio.

Así o anunciou a titular deste departamento antes de comezar a primeira reunión do Consello Asesor da Paisaxe que se constituíu este mércores en Santiago de Compostela. O obxectivo deste consello –que reúne voces da administración pública, de organizacións de protección da paisaxe, organizacións sindicais e universidades– é pór en valor a regulación sobre a intervención e ordenación da paisaxe, que antes de pasar polo Consello da Xunta para ser aprobada, chegarán a este órgano consultivo. Con todo, as súas decisións non son vinculantes.  Toda a información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...